Montando unha rave en pleno rural galego, Boyanka Kostova sigue levando o son do urban underground a un universo cada vez mis cerca do hard-bass, o techno máis luminoso e os BPMs máis acelerados do condado. O único campo da festa válido é no que o dúo galego consegue montar a rave rural máis brutalista e costumbrista posible: o da súa “Europa do Oeste”.