Sen saír da pista de baile na que levan sumidos nos seus últimos lanzamentos, Boyanka Kostova saen da pista pero non do parking: este himno do parkineo máis acelerado, adrenalínico, tóxico e ravero titúlase “Popper na furgoneta”.
Este novo single, que chega tan solo unhas semanas despois de presentar dous hits nunha clave cada vez máis electrónica como son “Europa do Oeste” e “O Mal”, colaboración co dúo electrónico Galician Army; achégase ao son de contemporáneos como Amygdala ou Parkineos pero sen perder ese imaginario costumbrista nin esa conexión coa música urbana pero dende o seu lugar máis hard-bass.
A canción, máis que unha reivindicación, sona a mantra ravero e, sobre todo, desenvolve a facción máis provocadora duns Boyanka Kostova cada vez máis cerca del hard-bass e da pista de baile máis cruda e cada vez máis afastados do trap co que se lles identificaba nos seus inicios.
O videoclip foi realizado e dirixido por Héctor Ramos, que xa dirixira outros videoclips da banda como os de clásicos como “Orquesta” ou “D.Tristán”.





